SAUDO

 acceso al buscador      


O Presidente da Deputación Provincial de Ourense

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación
Provincial de Ourense

   Con esta páxina, a Deputación de Ourense intenta ofrecer un resumo das súas actividades, do seu traballo, da súa dedicación á nosa provincia dende un compromiso de traballo permanente para mellora-las condicións de vida dos nosos cidadáns.

   Aquí teñen unha mostra do noso esforzo, un resumo da nosa dedicación diaria, o resultado da unión de tódolos que compoñemos esta institución.

   Somos un país orgulloso do propio, pero á vez aberto e cosmopolita, que a través da historia fixo da tolerancia e o entendemento pedras angulares da súa armazón social.

   A cooperación cos concellos, os investimentos no medio rural, en vías de comunicación, en pequenas infraestructuras ocupan parte importante das nosas inquedanzas. Pero tamén desenvolvemos importantes esforzos en materia cultural, turismo ou promoción económica. Así o amosamos, co desexo de que nos visiten, atopen aquí instrumentos de utilidade e nos coñezan máis e mellor.

   Un cordial saúdo

José Manuel Baltar Blanco
Presidente